viernes, 30 de octubre de 2015

Reflexión individual Marco Instrumental da Orientación Laboral_ Eva Varela Leiras


Nesta última fase do Posgrao fixemos un percorrido polo marco instrumental da Orientación Laboral traballando os seguintes temas:

  • A intermediacion laboral
  • Os itinerararios Persoalizados de Inserción (IPIs)
  • Os procesos individuais de orientación e axuda na toma de decisión
  • A análise dos perfís profesionais e a prospección de emprego
  • As  técnicas e ferramentas para o acceso ao emprego e autoemprego
  • A elaboración do Plan de Empresa



#1. Intermediación Laboral

Os conceptos abordados neste tema foron os modelos metodolóxicos de intervención, elementos base da metodoloxía, principios da Orientación, accións a realizar e atención á diversidade.
En relación aos modelos metodolóxicos de intervención na Orientación Laboral destacar quedeben ser ferramentas flexibles e a elección dos mesmos debe realizarse tendo en conta as persoas e colectivos a atender, o tipo de actuación planificada e os obxectivos e fins das mesmas.
Os modelos tratados foron os seguintes:

1. Modelo Didáctico

Parte dunha visión do proceso orientador como guía onde o profesional aconsella en función das características da persoa e do seu ámbito e actúa como axuda nos pasos que as persoas deben dar. Este modelo esixe usuari@s activ@s e responsables.

2. Modelo de Asesoramento “Counselling”

Fai referencia a cómo dar resposta a problemas diversos e se intenta axudar ás persoas a planificar o seu papel na vida, permitindolle tomar e responsabilizarse de decisión e mellorando en xeral as súas capacidades. Os/as profesionais acompañan e asesoran ás persoas interesadas a atopar emprego. Os/as beneficiarios/as deste modelo non requiren de guía senon dunha persoa experta que os asesore para poder acceder ao mercado de traballo.

3. Modelo centrado nos recursos
A orientación centrase nun proceso facilitador para a emerxencia dos recursos das persoas usuarias traballando metas a curto prazo.
Os tres modelos deben ser guías flexibles que se adapten ás persoas usuarias e aos obxectivos do proceso orientador.

No tocante as metodoloxías de intervención debemos ter en conta catro elementos:
  1. entrevista como técnica básica da intervención individual
  2. Un sistema facilitador da inserción
  3. Unha estratexia xeral de intervención coas persoas centrada nos recursos da "persoa usuaria"
  4.  Baseada en itinerarios (plan persoal de emprego)
Os principios que deben guiarnos son:
  • Individualización
  • Flexibilidade
  • Desenvolvemento/busca da autonomía
As accións a desenvolver poden ser individuais ou grupais e dentro destas últimas destacar a importancia dos talleres de recursos persoais e os talleres da busca de emprego. 
Importantísimo e fundamental ter presente a atención á diversidade en prol da igualdade e inclusión social. Debemos traballar para eliminar os prexuízos e estereotipos sobre estes colectivos vulnerables e reforzar o positivo.

#2. Itinerarios Persoalizados de Inserción Laboral
En qué consisten?
Nunha diagnose persoalizada para realizar unha intervención orientadora a través de actividades individuais e grupais e sempre dende a supervisión ou avaliación continua do proceso. 

Cal é o seu obxectivo?
Potenciar a
empregabilidade e autonomía da persoa demandante de emprego.


Etapas IPI



#3. Os procesos individuais de orientación e axuda na toma de decisións

Neste bloque introducimonos de cheo na entrevista: tipos, estructura, desenvolvemento, fases, aspectos a ter en conta positivos e a evitar, etc..



Aquí van uns consellos de Elsa Punset sobre a importancia de cuidar a nosa linguaxe non verbal. 




#4. Análise dos perfís pr
ofesionais e prospección de emprego
O coñecemento e análise dos perfís profesionais é unha parte fundamental da labor do orientador@ laboral pero ademáis a realidade vertixinosa e trepidante na que estamos inmers@s esixe tamén que estemos ao tanto de novas tendencias e profesións emerxentes. 
Outro punto clave deste tema foi o concepto de “Prospección de emprego” que podemos definir como a “promoción de accións de difusión e sensibilización na contorna social e laboral para fomentar: 

  • Oportunidades de emprego das persoas con dificultades de inserción
  • Coñecemento por parte do empresariado dos recursos humanos dispoñible



#5. Técnicas e Ferramentas para o acceso ao emprego e autoemprego
O obxectivo principal das técnicas e ferramentas de acceso ao emprego é que a persoa demandante coñeza os instrumentos e adquira as habilidades necesarias que posibiliten realizar unha procura de emprego de forma activa, organizada e planificada, así como dispor dos recursos teórico prácticos básicos para fomentar os procesos de selección con maiores posibilidades de éxito.



Como ferramentas tradicionais destacar o Curriculo  e a Carta de presentación e como ferramentas máis innovadoras o videocurriculum e outras ferramentas propias da web 2.0 (portfolios, infografías, blogues, etc..)
Como exemplo de Curriculo Creativo podemos ver o seguinte:





#6. O Plan de Empresa
Un plan de empresa é a plasmación de xeito escrito e ordeado da nosa idea. A escritura permítenos realizar unha reflexión sobre a nosa idea inicial e axustando o proxecto para reducir ao máximo os riscos.
Para poder realizar o noso profundizamos nos conceptos de: 
  • Análise financieira
  • Análise económica
  • Estudo de mercado
  • Análise DAFO
  • Mercadotecnia
  • Segmentación de mercado e a estratexia
  • Previsión de vendas
Cada grupo debía elaborar o seu establecendo as seguintes fases: 
  1. Introducción
  2. Estudo de mercado
  3. Plan comercial
  4. Plan de organización e recursos humanos
  5. Aspectos legais
  6. Estudo económico financieiro
  7. Conclusións (viabilidade)
  8. Resumo
  9. Anexos
En definitiva, como reflexión persoal, penso que tódalas temáticas tratadas son de interese para a/o profesional da Orientación Laboral. As dos primeiros temas, por que nos proporcionan a metodoloxía e ferramentas valiosas para construir as nosas intervencións e accións diarias. O plan de empresa, o vexo útil para o asesoramento a demandantes sobre as fases que deben contemplar, aínda que no meu caso, me costa ir máis alá. 
Como dificultades, por unha banda creo que non ter un marco de intervención e protocolos de intervención unificados e claros dende a Orientación Laboral, dificulta moito a labor profesional ao deixar os criterios á elección das persoas en detrimento dos recursos e das persoas destinatarias finais.


Para saber máis...




miércoles, 28 de octubre de 2015

Reflexión sobre o Marco Instrumental, por Clara García


O módulo III, Marco Instrumental da Orientación Laboral, desenvolveuse entre os días 26 de setembro e o 24 de outubro, polos docentes María Teresa Deus Trasobares e Fernando Luis Agulló Leal. Constou de 6 temas (temas 11 a 16), nos que vimos o traballo do Orientador Laboral, desenvolvido a través de: a intermediación laboral; os itinerarios de inserción; os procesos individuais de orientación e axuda na toma de decisións; a análise de perfís profesionais e prospección de emprego; as técnicas e ferramentas para o acceso ao emprego e o autoemprego e  a elaboración do Plan de Empresa.

É, por tanto, a do orientador, unha labor dinámica, complexa e constante, levada a cabo, a través da:

... Intermediación


No tema 11, vimos que a Orientación Laboral, no noso país, non tén un marco académico determinado (levando a cabo, os orientadores, un desempeño profesional autónomo, baseado nas súas propias habilidades e coñecementos), polo que se precisa dunhas pautas e metodoloxías de traballo, para poder facer fronte a diversidade sociocultural e a heteroxeneidade do colectivo de desempregados (con especial relevancia, no caso de colectivos vulnerables ou no caso de discapacitados). Consolidándose a atención individualizada como a máis adecuada: a través da información actualizada, planificando a inserción, con adestramento na búsqueda de emprego, .... 



Realízase a través de 3 modelos de intervención: 
  • Modelo didáctico: gran importancia do aspecto vocacional. O persoal técnico tén  a función de aconsellar, e os usuarios son persoas activas, con un nivel adecuado de autorresponsabilización. 
  • Modelo de asesoramento: posición igualitaria. O papel dos técnicos é acompañar e asesorar os usuarios, tratándoos como adultos que non precisan dun guía ou titor, senon dun experto en emprego, que os asesora no seu acceso o mercado de traballo. Enfocado a usuarios dubitativos ante o seu futuro profesional e formativo. 
  • Modelo centrado nos recursos: neste modelo, a orientación é un proceso facilitador, traballando en metas a moi curto prazo: proacción, incremento da motivación e a inserción laboral son o eixe da intervención. O técnico posiciónase nun estado de ignorancia deliberada, aparecendo o poder do beneficiario por "o non poder dos técnicos". Dirixido a usuarios con barreiras persoais, pasividade, ...

... debendo basearse ésta, en 3 principios: 

INDIVIDUALIZACIÓN: en atención as necesidades de cada usuario, adaptado a cada persoa. 
FLEXIBILIDADE: permitindo os axustes necesarios, segundo as variacións das circunstancias do usuario, permitindo incluso, a intervención grupal, se fose beneficioso para o mesmo. 
BUSCA DA AUTONOMÍA: potenciación da autonomía do usuario, desenvolvendo éste, os seus recursos, habilidades e competencias. 

... levada a cabo a través de accións individuais e grupais: 

ATENCIÓN INDIVIDUALIZADA: para recoller información, facer unha valoración da empregabilidade do usuario; configurar o seu perfil, hábitos e habilidades; avaliar os intereses profesionais e facilitarlle ao usuario, unha reflexión sobre sí mesmo e a percepción global da súa traxectoria. Esta atención, levarase a cabo a través de entrevistas individuais (máximo 10), de 1 hora de duración. Pode definirse como "o proceso individualizado de orientación profesional, onde técnico/a e usuaruio/a, acordan os pasos a realizar para conseguir un óptimo desenvolvemento do itinerario de inserción profesional, elixir entre as mesmas, tomar decisións para planificar actuacións e avaliar os seus resultados de forma autónoma". 
ACCIÓNS GRUPAIS: realizadas para traballar algún aspecto concreto da intervención, a través de talleres de recursos persoais (habilidades sociais e de comunicación, control da ansiedade, ..), e talleres de busca de emprego (busca de emprego por Internet, técnicas para busca de emprego, ....).  

Por tanto, o orientador laboral, debe ter no seu perfil, unhas competencias técnicas (coñecementos en orientación laboral, Seguridade Social, prestacións do SEPE e da Seguridade Social, ....), e intanxibles (creatividade e innovación, organización no traballo, orientación ao usuario e ao traballo, iniciativa e competencia interpersoal). 

... elaboración dos Itinerarios de Inserción (Tema 12)


Ao conxunto de accións que se organizan nun proceso personalizado e lóxico, que tén como obxectivo a inserción sociolaboral e o desenvolvemento profesional dos usuarios/as que participan no mesmo, especialmente a través da información e o asesoramento individual e grupal e coa participación doutras áreas do campo da inserción laboral, chámaselle Itinerario de Inserción. 

... caracterízanse, por ter un diagnóstico personalizado, unha intervención orientadora (con actividades individuais e grupais), e unha supervisión ou avaliación continua. E, un marcado carácter pedagóxico (no proceso o usuario incorpora coñecementos, procedementos, valores e habilidades, ...). 



... e debe seguir, este esquema: 
  • Acollida: chegada do usuario a entidade, e acordo entre el e o técnico, na elaboración dun plan de traballo.
  • Orientación: acompañamento do técnico, para que o usuario poda identificar e potenciar as súas competencias para mellorar a súa empregabilidade. 
  • Formación: desenvolvemento de competencias (de coñecementos, habilidades e actitudes). 
  • Formación en contexto laboral: adquisición e aplicación das competencias profesionais.
  • Intermediación: unha vez o usuario adquiriu as competencias, tén información do entorno laboral, ... entra en contacto coas ofertas de traballo. 
  • Ocupación/Emprego: o usuario incorpórase a realización das funcións laborais por conta propia ou allea, abarca ata o momento que se considera que se adaptou correctamente a contorna laboral. Proceso de acompañamento á inserción. 
  • Peche: finalización da relación entre usuario e entidade, por vontade dunha das partes. 


... seguindo uns Procesos individuais de orientación e axuda na toma de decisións (Tema 13)


No tema 13, coñecemos que o instrumento empregado co obxectivo de asesorar e como medio de selección de persoal, é a entrevista. Nela o entrevistador obtén información sobre se o usuario SABE, PODE ou QUERE realizar as tarefas dun posto (comprobar información, valorar actitudes, intereses, ...); e se o entrevistado PODE, SABE e QUERE desenvolver as tarefas do posto ofrecido (ampliar a información do currículo, transmitir confianza, argumentar competencias e motivos, ...). 

... é moi importante, preparala con antelación (potenciando e entrenando fortalezas, destrezas, .., preparando posibles respostas, reformulación positiva, comentarios positivos de experiencias laborales previas, ...), evitando a imputualidade, inseguridade en un mesmo, falta de autocontrol, .... E, prestando moita atención a linguaxe non verbal (vestimenta, cómo se da a man, expresión facial, sorriso, contacto visual, postura corporal, xesticulación coas mans, non comer chicle, puntualidade, non atender ao móvil, ....). 

... que constan de 3 fases: 
  1. Presentación: recepción. 
  2. Desenvolvemento: cunha introducción, repasando a formación e a experiencia profesional, unha avaliación de coñecementos, a motivación do candidato, os antecedentes persoais e familiares e a autoevaluación e as conclusións. 
  3. Peche: aclaración de dúbidas ou puntos non entendidos. 


... a través da Análise de perfís profesionais e prospección de emprego (Tema 14)


Unha das tarefas fundamentais do orientador laboral, é o coñecemento dos postos de traballo existentes, para poder darlle traslado ao usuario, da devandita información, e que éste teña o coñecemento, más amplo posible, do que é o mercado laboral. Neste proceso, é importante, fomentar a autonomía do usuario/a, e non crear dependencias; para elo, o usuario (coa colaboración/apoio do orientador, que non realización da mesma), deberá confeccionar unha listaxe de recursos de información, que permitirá que faga unha primeira procura  de traballo, familiarizándose cos buscadores, e facendo unha primeira análise da situación no sector investigado. 

... a globalización, aos novos formatos e horarios, a intención de reter o talento, a fenda entre oferta e demanda e a potenciación das habilidades comunicativas a todos os niveis, está derivando, na aparición de novos perfís profesionais, no xurdimento de novas profesións, como poden ser: experto en analítica web, arquitecto da realidade aumentada, blogger profesional, community manager, cociñeiro a domicilio, content curator, coolhunter, copywriter, deseñador web, conversor de libros en apps, ....

... por último, falamos da "explotación de posibilidades futuras baseadas en indicios presentes", chamada, prospección do mercado de traballo (onde inter-actúan oferta e demanda de traballo); implicando que, a prospección de empresas, enlace co coñecemento da poboación demandante de emprego, e con accións de intermediación en materia de xestión de emprego, como o deseño de IPI, conciliación da vida familiar e persoal,, accesibilidade e resto de medidas facilitadoras da inserción laboral. 
Esta prospección permite coñecer a relidade empresarial (detectando necesidades), detección de necesidades de formación, contribución a políticas activas de emprego, coñecer os recursos humanos dispoñibles, detección de necesidades de postos de traballo, identificación de perfís profesionais, ....

... que consta de 4 fases: 
  1. Fase preparatoria: obxectivo. Identificación da misión e os seus obxectivos, coa análise da contorna, delimitando o ámbito xeográfico, ocupacional, temporal e funcional. 
  2. Fase de planificación: coordinación previa da actuación a levar a cabo. Identificación das empresas obxecto da prospección e de variables e indicadores, elaborando ficheiros de empresa e base de datos, para ser tratados e analizados (sector de actividade, número de traballadores, nome de persoas de contacto, ....). 
  3. Fase de traballo de campo: a prospección. Comezará coa toma de contacto, concretando datas e momentos de realización da mesma (mailings, Linkedin,  Twitter, Facebook, chamada telefónica, visita concertada, correo postal, ....). Unha vez concertada a visita, é importante preparala.
  4. Fase de evaluación e seguimento: análise da información recollida. Unha vez terminada a recollida de datos, deberá facerse unha depuración dos mesmos, para a súa análise ou ben para ser utilizada na toma de decisións, para finalizar coa interpretación dos resultados (determinación de perfís exixibles, envío a empresa de persoal preseleccionado, avaliación e seguimento, identificación e resolución de problemas, ...). 



... coas Técnicas e ferramentas para o acceso ao emprego e autoemprego (Tema 15)


Antes de iniciar un proceso de procura de emprego, debemos coñecer os obxectivos da procura: tipo de traballo, condicións, motivacións, preferencias profesionais, ... Para elo, o demandante deberá coñecer os instrumentos (ferramentas de acceso o emprego), e deberá adquirir as habilidades precisas, para facer unha procura activa de emprego, de forma organizada e planificada, dispoñendo dos recursos teóricos/prácticos básicos para afrontar os procesos de selección (fase na que empresa quere cubrir vacante, e a persoa, presenta a súa candidatura), con maiores posibilidades de éxito. 

... o candidato, obtén información de ofertas de traballo, de diversas fontes: bolsas, prensa, convocatorias de emprego público, SEPE, SPEG, ETT'S, portais On-line, ... presentación de candidatura espontánea (deberá terse en conta que, éste é un proceso lento, que da froito a medio/longo prazo; e que, para que sea efectiva, deberá estar dirixida a un determinado número de empresas que respondan o perfil buscado), enviar CV (venda de un mesmo, para obter unha entrevista de traballo; debendo seguir unha estrutura determinada: datos persoais, formación regrada e complementaria, experiencia profesional, idiomas e informática) e carta de presentación (onde se indicará aquela información, do candidato, que non tén cabida no CV, e permite dar a coñecer outros datos, como por exemplo o seu "currículo oculto"), Networking, ... 

... o fin último do CV e a carta de presentación, é a venda dun perfil de traballador, para poder acceder a entrevista de selección (individual, múltiple ou de grupo; dirixida, libre o mixta). Podendo ser o currículo: cronolóxico, funcional, por competencias, creativo, ... pero, sempre, deberá ir enfocado segundo a actividade da empresa a que vai dirixida (por ex.: unha empresa de publicidade ou novas tecnoloxías, no CV debería utilizarse as novas tecnoloxías, e aportar grandes doses de cretatividade).

... tamén cabe a posibilidade do autoemprego, polo que, o orientador laboral, deberá asesorar sobre a elaboración do Plan de Empresa, a análise dos factores clave do proxecto, recursos económicos existentes e de autoocupación, ....

... e asesorando sobre a Elaboración do Plan de Empresa: análise económico-financeiro, estudo de viabilidade, .... (Tema 16)


... análise onde se condensa e cuantifica a información obtida no plan de empresa (plan estratéxico de actuación), debendo contar con balances provisionais, contas de resultados, punto morto ou limiar de rendibilidade e a conclusión de viabilidade económico-finaceira da empresa, obtida coa análise de cocientes. Imprescindible para coñecer de antemán, a situación na que se vai encontrar a empresa, unha vez comezada a súa actividade; investimentos e financiamentos precisos e os  resultados previstos no seu tráfico habitual. Ademáis, esta información, facilita as negociacións con proveedores, entidades financeiras e clientes.

... o Plan de Empresa


Cada vez máis, os orientadores laborais, deben asesorar a usuarios que pretenden emprender un negocio, autoempregarse; polo que, deben adquirir competencias e habilidades para guialo na confección do plan de empresa. 
Éste, é un documento no que, o emprendedor, lle da forma á idea, do que vai por en práctica, na súa empresa; reflexionando e plasmando as cuestións máis importantes e significativas do seu proxecto. Este documento, achegalle, unha inestimable axuda para decidir a posta en marcha ou non, da súa empresa. Non existe un modelo único, sendo máis ben, unha plasmación persoal, dunha idea, e a forma de levala a cabo. E, diferénciase do Plan de Negocio, en que éste último, realízase cando a empresa xa está a funcionar e vai emprender un cambio importante (o plan de empresa, é previo ao inicio da actividade).

A nova empresa, debe estar orientada ao mercado, xa que a súa finalidade é a rendibilidade (venta de productos ou servizos), debendo responderse a estas cuestións: ¿a qué actividade se vai adicar?, ¿cal e cómo opera o mercado no que se vai implantar?, ¿cómo vender?. 
  1. Actividade: é importante, acoutar o máximo a definición da actividade, avaliar correctamente as expectativas de rendibilidade, e por suposto, saber cal é a necesidade do consumidor, que o producto ou servizo da empresa, vai a cubrir. A empresa, debe adicarse a "producir satisfacción", tendo en conta que, un mesmo ben, produce distintas satisfaccións, en distintas persoas. Debe personalizar o seu servizo. 
  2. Mercado: o coñecemento do mercado, permitirá planificar os aspectos técnicos e económicos, definindo e fixando a forma de implantación e lanzamento. Este coñecemento, implica saber quén é o cliente potencial e os competidores
  3. Venta: deberase responder as seguintes preguntas ... ¿quén é o cliente?, ¿por qué compra?, ¿qué compra?, ¿cándo compra?, ¿cómo compra?, ¿cánto compra?; tendo un perfil claro do mesmo (sexo, idade, nivel cultural, nivel de ingresos, lugar de residencia, profesión, gustos, hábitos e motivación de consumo). Elaborando un plan comercial que recolla o producto ou servizo, prezo do mesmo, cómo distribuilo e como se fará a comunicación.  

No seguinte video, atoparás máis información sobre a confección dun plan de empresa: 




miércoles, 21 de octubre de 2015

HABLANDO DE ORIENTACIÓN

Doy mi más sincero agradecimiento a todos los miembros del equipo del blog "Orienta en rede" por su invitación a participar y publicar, encantada de su amabilidad, generosidad y ayuda mostrada por sus componentes, en concreto y fundamentalmente a Berta que me envió la invitación. Mil gracias y mil primaveras, haciendo un guiño al escritor y periodista mindoniense Álvaro Cunqueiro.

Hablando de orientación y haciendo alguna referencia mirando a la figura elegida en Tagxedo del “gato orientador-tutor” al comienzo del Postgrado, iniciamos el tema relacionado con orientación.




La información es indispensable para la transparencia de un mercado de trabajo en crisis, sirve para elaborar y desarrollar las políticas económicas de empleo que condicionarán las acciones, eficacia y satisfacción de la gestión de los Servicios Públicos de Empleo en la ciudadanía, en concreto la de la orientación.



¿Qué es la orientación laboral? Son los Servicios que proporcionan estrategias encaminadas a favorecer la integración laboral de las personas desempleadas.

La orientación laboral es el ofrecimiento de ayuda a las personas desempleadas para mejorar su empleabilidad y ocupabilidad. Esto se consigue proporcionando información, asesoramiento y entrenamiento en diferentes habilidades que faciliten su inserción laboral. La orientación persigue incrementar la empleabilidad de una persona, formando en técnicas de búsqueda de empleo como la elaboración de un currículum vitae, la preparación de una entrevista de selección, la búsqueda de ofertas de empleo, así como autoconocimiento y aumento de la autoestima, definición del perfil profesional y motivación hacia una búsqueda activa y permanente de empleo.

En el ámbito de la orientación o tutorización, según sea el caso, a las personas demandantes de empleo o mejora de empleo, es sumamente importante y necesario ubicar al individuo en sus coordenadas de localización, concretamente: municipio, intermunicipalidad, provincia, comunidad autónoma, país, Europa y EEE , resto de continentes y planeta. Somos ciudadanos de aquí y del mundo. En ese orden de menos a más, tiene que fluir la información acompañada de herramientas y técnicas a mantener en la intermediación del proceso orientativo. Normalmente, ignoramos los organismos y administraciones a los que acceder o acudir para encontrar información, asesoramiento y/o resolución de los problemas y de las tareas a realizar en el desarrollo de la búsqueda activa de empleo y a su vez estamos desorientados en el espacio que ocupamos en el planeta y la realidad de la situación mundial que nos rodea y, más en concreto de la de nuestro país, o la del propio municipio en el que residimos.

Empezando por la oficina de empleo que todo el mundo conoce como la “oficina del paro” o el “INEM”, en la actualidad SEPE (Servicio Público de Empleo Estatal), demuestra el desconocimiento de las políticas activas de empleo de la oficina de empleo gestionadas por el SPEG (Servicio Público de Empleo de Galicia). El público que acude a ellas, sólo percibe las políticas pasivas de la oficina, gestionadas por el SEPE, organismos ambos que desde la transferencia de la gestión del INEM a la Xunta de Galicia en el año 1997, conviven en las unidades administrativas de las oficinas de empleo con funciones bien diferenciadas, aunque no se distingan en la visión del ciudadano. Por algo será!.. gestionando los empleados de la autonomía las políticas activas y los empleados de la parte estatal las políticas pasivas.

El orientador debe escuchar, fomentar el diálogo y poner en alerta a la persona demandante que requiera sus servicios para obtener un compromiso de las acciones a realizar encaminadas a mejorar la empleabilidad , facilitar fuentes de información, recursos y debe de poner a su disposición un plan a desarrollar para que la persona, mediante la organización y planificación ajuste las prioridades y disponga las “alertas” de prioridades necesarias, horarios, agendas y tareas que le facilitan su búsqueda activa de empleo y formación. El material para trabajar debe estar acorde a los objetivos que se persigan en el compromiso de acción desarrollado. Con el material que se le presenta se debe incorporar un cuadro sinóptico de tareas y un glosario de los significados y de abreviaturas de las palabras a las que nos solemos referir para que pueda reconocerlas, las asimile, entienda su significado y empleo. Debemos de cubrir las necesidades formativas que pueda presentar con la asignación o inscripción a pruebas, cursos o actividades que sean necesarias para mejorar su situación académica o laboral y que redunde en la personal y social.

“El orientador debe situar a la persona en sus coordenadas laborales e intentar que las asuma y desarrolle para su propio progreso profesional, social y personal”.

Un caso practico para mostrar, podría ser:

Un buen comienzo, si por ejemplo la orientación se realiza con una persona demandante de empleo que reside en el municipio de A Coruña serían:

Ámbito autonómico,

En Consellería de Traballo e Benestar:

Portal de emprego Carta de servicios y también Demandante ¿Qué che ofrecemos?.
Portal de traballo Formación e cualificaciones, Emprego y Prevencion Riesgos Laborales

Para formación académica,

Consellería de Cultura, Educación y Ordenación Universitaria: Sitio temáticos: FP, EA, Enseñanzas Especiales y Enseñanza de Idiomas. También en la pestaña de Temas, opción línguas: portugués, chinés (linguasnet e linguarabic) e galego (celgas 1, 2, 3, 4).

Ámbito municipal del ayuntamiento de A Coruña,
Área de empleo y empresa del ayuntamiento de A Coruña: Información: Guía de Busca de Empleo (BAE) e Novas Tecnoloxías  e Guía de Motivación y preparación para el empleo (MOPRE).

Otros enlaces de interés la Diputación de A Coruña, apartado empleo, Cámara de Comercio, Confederación de Empresarios, Sindicatos, centros colaboradores de cursos de formación y diversas Fundaciones en la ciudad.

Muy interesante mantenerse informado de la programación de la Biblioteca nodal González Garcés, del centro de Progreso social Ágora y de las Bibliotecas Municipales de A Coruña para que se informe de horarios, cursos, aulas Cemit y otras actividades. Utilización de wifi e internet gratuito, horarios, prestámos, programación de las actividades en internet, cursos.   

Buscar información relevante para el empleo en las páginas del municipio da Coruña, Xunta de Galicia, SEPE, MEYSS, EURES y punto de información gubernamental (antiguo 060). Crear cuentas personales en SEPE, EURES y en la página de información gubernamental, además de otras privadas como Infojobs, Linkedin e otras.


Inscribirse en las bibliotecas municipales y autonómica para obtener el carnet gratuitamente. Visitar e inscribirse en la bolsa de empleo y formativa del Centro Municipal de Emprego de los Rosales y visitar el Centro de Progreso Social Ágora para informarse de cursos y el programa “Ca lingua fora” para practicar conversación con lenguas extranjeras: alemán, inglés, francés, italiano, portugués y gallego (para extranjeros).

Mi primera elección de la nube del Tagxedo en forma de gato, hace referencia a que  dicen que los gatos tienen siete vidas y se afilan las uñas diariamente para agarrarse bien a los lugares donde trepa y parte del día se lo pasan acicalándose y observando el exterior. Siete intentos para no desfallecer y primar el desarrollo de la independencia personal y personalidad propia, creará un estilo personal con encanto apropiado y diferenciador.

Las palabras que contenía la figura del gato en el Tagxedo hacían referencia a orientación, localización, formación, empresas y etts, es el mundo en el que se encuentra y con la brújula que se le proporciona en la Orientación podrá ubicarse, desenvolverse y conseguir ocuparse.

PNL EL TRIÁNGULO DE LOS NIVELES LÓGICOS DEL PENSAMIENTO:

En los términos que aparecen en el glosario de la página del Servicio Público de Empleo Estatal (SEPE) facilitan el significado de orientación y sus diferentes ámbitos de actuación:

Orientación académica: Es un proceso de ayuda al estudiante para que sea capaz de resolver los problemas  que la vida académica le plantea por lo tanto, el proceso de ayuda se refiere siempre a situaciones de ayuda en actividades escolares, y para que a lo largo de su recorrido por la  escuela realice elecciones de acuerdo con sus intereses, capacidades, y con su situación personal. El tipo de ayuda que la orientación escolar ofrece presenta características distintas según la edad y nivel del escolar.

Orientación laboral: Servicios que proporcionan estrategias encaminadas a favorecer la integración laboral de las personas desempleadas.

Orientación profesional: Acción orientada hacia el diseño de la carrera profesional de una persona. Acciones encaminadas a la elección de una profesión en función de las capacidades personales y de las posibilidades de empleo.

Creo que también se hace necesario añadir otros términos interesantes de la misma fuente de los que es conveniente tener claro su significado y establecer nuestro interés terminólogico por ella,

Ocupabilidad: Es el grado de probabilidad que tiene un trabajador para acceder al mercado de trabajo.

Oferta de empleo: Es el anuncio que hace una empresa que necesita incorporar trabajadores a su organización y en donde se describen los requisitos y condiciones.

Oficio: Ocupación habitual. Es el conjunto coherente de saberes, técnicas y aptitudes relacionado con uno o varios campos estructurados de conocimientos y que resulta necesario para el ejercicio de varios empleos de una misma familia. Un oficio evoluciona con el desarrollo de las ciencias y las técnicas y con las transformaciones.

Ocupación: Agrupación de actividades profesionales pertenecientes a diferentes puestos de trabajo con características comunes, cuyas tareas se realizan con normas, técnicas y medios semejantes y responden a un mismo nivel de cualificación.

Objetivo profesional: Es el puesto que una persona, analizando sus potencialidades desea desempeñar.

Agencias de colocación: Son empresas privadas sin ánimo de lucro que colaboran con los servicios Servicios Públicos de Empleo en el desarrollo de la política de colocación ayudando a los trabajadores a encontrar empleo y a los empleadores a la contratación de los trabajadores.

Autocandidatura: Procedimiento o forma de solicitar un puesto de trabajo en una empresa que hace una persona por iniciativa propia sin que haya habido previamente una convocatoria de oferta de trabajo.

Aptitud profesional: Capacidad o habilidad potencial que tiene un individuo para poder llegar  a realizar satisfactoriamente una actividad profesional.

Alta de demanda de empleo: 1. Se refieren  a todos los movimientos de cambio de situación a alta anotados en el registro de demandantes que solicitan empleo. Las altas de demanda pueden ser nuevas inscripciones que se inscriben por primera vez en un registro público de empleo. Las altas de demanda pueden ser nuevas inscripciones que se inscriben por primera vez en un registro público de empleo, reactivación de una demanda ya inscrita que se encontraba en baja o por traslado de un servicio público de empleo a otro. No se incluyen como altas las reactivaciones de las demandas suspendidas temporalmente o el paso de demandante sin disponibilidad a demandante de empleo. 2. Son las inscripciones como demandantes formalizadas por las Oficinas de Empleo durante el período de referencia.

Baja de demanda/Bajas de demandantes de empleo: Se incluyen en este concepto las demandas canceladas durante el periodo de referencia.

Búsqueda activa de empleo (BAE): Son actividades encaminadas al conocimiento, entrenamiento y aplicación de aquellas habilidades y técnicas facilitadoras del proceso de búsqueda de empleo, dirigidas a demandantes con una cualificación e intereses profesionales ajustados al empleo existente en su ámbito de búsqueda, para que acorten su tiempo de búsqueda de empleo al efectuar ésta de forma activa, con organización y técnicas adecuadas.

Podríamos seguir hablando mucho más, pero como pinceladas de una forma de ver la orientación valga de muestra este botón, dando por terminada la publicación.