martes, 6 de octubre de 2015

Equipos emocionalmente intelixentes

     Os humanos estamos a medio camiño entre seres individuais e seres sociais. Comparados con outros animais do planeta somos máis pequenos e débiles, e sen embargo somos capaces de dominalo planeta, gracias a que vivimos en sociedade. Sabemos unir forzas para colaborar, o que nos permite duplicar o noso poder de crear, construir, descubrir ou facer cousas. Pero non todolos equipos que colaboran son iguais, a intelixencia grupal non é a suma de moitas intelixencias individuais senón que ten as súas propias caracteristicas. Así pois, imonos atopar con equipos de alto rendemento e con equipos de persoas que simplemente traballan xuntas.

   Según Daniel Goleman, para conseguir un equipo efectivo, precisase a interacción de 3 valores fundamentais: o sentido de eficacia de grupo, a confianza e a identificación co equipo. 
   Pero non se trata de que uns poucos dos membros do equipo se mostren emocionalmente intelixentes, senón que se require tamen dun ambiente de equipo no que as normas axuden a desenvolver a habilidade de respostar constructivamente en situacions emocionalmente incomodas e influenciar emocions de xeito positivo, ademais de potenciar os 3 valores anteriormente mencionados.

   Os equipos máis efectivos estudiados ata o momento conseguen crear recursos para traballar coas emocions, promocionar un entorno afirmativo e fomentan a resolución proactiva de problemas. 

   Sábese que unha das partes fundamentais da intelixencia emocional grupal é o autocoñecemento do grupo (dos estados emocionais, fortalezas e debilidades, formas de interaccionar e procesos de traballo). Unha forma de incrementar a conciencia emocional do grupo é a través da autoavaliación, que hoxe en día cada vez mais está tomando un marco formal a través de procesos como o coaching. 

   Outros recursos importantes dos que os equipos poden botar man para ser emocionalmente máis intelixentes, son o ter un vocabulario común, establecer un entorno afirmativo, afrontandose ó reto con actitude de superación (tamén influe aqui o ter unhas normas grupais apropiadas).

    Polo tanto, tratemos de fomentar as boas relacións nos equipos de traballo, pautando normas que fomenten a eficacia do grupo:  como o ser positivos, tratar de coñecer mellor os nosos compañeiros e empatizar con eles, administrar os propios limites, comunicar de xeito sincero escoitando activamente o outro e evitando os cotilleos, e sobretodo tratando ós demais como nos gustaría ser tratados. 

Para saber mais:

Gracias as compañeiras deste blog por permitir a miña participación no mesmo!


1 comentario:

  1. Moitas grazas a ti Vanessa, pois a túa aportación enriquece o noso espazo. O noso equipo tamén consideramos a intelixencia emocional clave para o desenvolvemento das persoas, dos grupos e das organizacións. Ademáis dunha base fundamental para propiciar un bo clima de traballo e de xestión de equipos, tanto no persoal, como no profesional.

    ResponderEliminar