martes, 22 de septiembre de 2015

Reflexión sobre o meu Entorno Persoal de Aprendizaxe. Silvia Martinez

Reflexión sobre o Entorno Persoal de Aprendizaxe:

Nesta entrada falarei do PLE. Este termo provén do inglés (Personal Learning Environment). Refírese ao ecosistema no que conflúen as ferramentas e servizos 2.0 da web, coa sua utilización para favorecer e desenrolar un aprendizaxe persoal. é dicir, é o modo en que as ferramentas e o mundo 2.0 axúdannos nos  procesos de aprendizaxe persoal.

No meu caso, durante a meirande parte da miña formación o meu entorno persoal de aprendizaxe foi un pouco limitado, reducíndose en medios tradicionais de aprendizaxe e algunha búsqueda na rede. Pois, si ben utilizaba medios dixitais, esto era con unha finalidade principalmente lúdica.
 A medida que ía profundizando na miña especialización profesional, e sobre todo nos últimos anos de carreira, este entorno comezou a medrar:
Entre as ferramentas que mais utilicei nesta etapa destacan o correo electrónico, plataformas de aprendizaxe como moodle, e búsquedas en internet de xeito diario, dende paxinas oficiais, bases de datos e de estadísticas, etc.
Hoxe en día, rematada esa primeira etapa de formación predominantemente académica, e, a través da miña crecente especialización post-universitaria, este entorno veuse, e vese na actualidade, en constante crecemento. O meu inicio no Posgrao de especialización en Orientación Laboral está ampliando o meu coñecemento en canto  a ferramentas dixitais

Esta imaxe representa a grandes rasgos o meu PLE:

  • Acudo a diversas fontes de información, a través de distintos medios:
Busqueda activa na rede, principalmente a través de google, búsqueda de contidos multimedia en Youtube, revistas e prensa dixital, así como o uso de plataformas específicas de aprendizaxe como moodle. Ainda así, estos entornos e ferramentas dixitais os combino con entornos e ferramentas tradicionais de aprendizaxe, procurando non perder de vista a premisa de que a tecnoloxía é un medio, non un fin.
Aprendín a gran utilidade dos lectores RSS, e, pouco a pouco, vouno incorporando ó meu PLE, na procura dunha información contrastada, real, e actualizada,  e tratando de evitar a inevitable infoxicación que xenera o mundo dixital.



  • Tamén utilizo espazos de almacenaxe en nube como Drive, e Dropbox.
  • Procuro manter presenza nas redes sociais, e crear unha rede de contactos e relacións interpersoais con profesionais afíns a min. Para isto utilizo principalmente twitter, gmail, Facebook e linkedin, e recentemente incorporei Blogger, google+ e about.me. A través destas ferramentas comunícome, creo relacións profesionais, e comparto información.
  • En canto a creación de contidos, se ben ó ser unha nativa dixital, a difusión e comunicación nas redes non supón un problema para min, os aspectos relacionados coa creación de contidos propios é donde se cadra ainda atópome máis verde. Ata fai pouco a miña experiencia nesta area reducíase a ferramentas como Power Point ou Word. Nas últimas semanas aprendín e comecei a utilizar Blogger, incorporando a miña opinión á información procurada, ou mesmo creando contidos totalmente novos, coma no caso de Tagxedo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario