viernes, 31 de julio de 2015

REFLEXIÓN SOBRE O MÓDULO 1: MARCO CONCEPTUAL

Por Silvia Martinez Ménéndez.

A orientación laboral era un mundo descoñecido para min ata mediados do mes de Xuño deste mesmo ano. Sabia sobre o tema pouco máis do que podían saber todos os que veñen da miña carreira: case nada. E o pouco que sabía era dende una perspectiva moi xeneral.
Decidín apuntarme así de súbito. Non tiña aínda nin o título universitario na mao, e xa estaba argallando una nova aventura académica. Por ter, non tiña nin tempo, pois a inscripción a fixen xa fora de plazo.

 Sen embargo,  esta é una agradable e enriquecedora experiencia para min, que ademais de permitirme ampliar os meus coñecementos teóricos na orientación laboral, permíteme beber da dilatada fonte de experiencias dos meus compañeiros e dos ponentes que nos asisten.

O temario impartido ata o de agora foi:

- Marco de referencia da orientación Laboral.
- O mercado laboral
- Certificación e Formación Profesional.
- Política social e de emprego na Union Europea
- Iniciativa emprendedora.

De todo ísto, quédome con aspectos xerais de todo, e con ideas concretas de certos aspectos que pola miña profesión podo encontrar de maior utilidade:


  • Falamos sobre  o marco no que se desenvolve a orientación laboral, co Servizo Público de Empleo Estatal, e  o Servizo público de Empleo de Galicia, así como os seus principais instrumentos de actuación, tanto en España como en Europa, e a coordinación entre elas.



  • Con Fernando Agulló, falamos do mercado laboral e a iniciativa emprendedora. Foi maravilloso contar de novo coa docencia do meu mestre dos primeiros años de carreira, e facer un pequeno recordatorio dos principais aspectos do mercado laboral: Oferta e demanda, Punto de equilibrio do mercado, taxas e principais medidas de análise da situación do MT, etc. (Todo isto que agora xa me resulta tan doado e que tanto me costou aprender no seu momento). Aprendimos tamén con Agulló a lanzar un proxecto emprendedor a través do lenzo Canvas e puidemos facer a nosa propia simulación a través de un proxeto grupal. Isto si que foi novo para min e pareceume moi útil, persoalmente, pola súa aplicación nunha empresa xa instaurada.



  • Sobre a elaborada estructura da Formación Profesional e os Certificados de profesionalidade aprendín todo, e por primeira vez, da man de Elena González de la Cámara Cayuela. Tamén por suposto, Ana Ferreiroa falounos do tema, centrándose mais nos procedementos de Recoñecemento da Experiencia laboral, do cal non tiña moita información previa polo que viñome moi ben. Con elas falamos das vías de acceso a FP, e os saltos entre formación reglada e formación para o emprego, e resaltamos a importancia que ten a formación na educación e na socialización dos individuos.
ver video




  • Sobre Europa falounos Cristina Couto, co seu relatorio " Emprego e Oportunidades de movilidade na UE", achegándonos un montón de información estructurada en relación a tres aspectos:

- Redes de Información Europea

- Cómo financiar accións de emprego

- Recursos e ferramentas de movilidade na UE
:
Tanto para traballar:

 Red eures

Como para estudar:

Euroguidance

Por que Europa é unha opción, evitemos vernos así:

ver video

Debo recoñecer que esta foi a clase na que me sentín máis perdida, ainda que si que absorvín aspectos relativos os programas de movilidade laboral e a redes de información coma na que ela se encontra integrada (Red Europe Direct) que me pareceron moi importantes e necesarios e que agora eu tamén podo difundir.



Sen dúbida dende a miña perspectiva profesional, un dos aspectos máis positivos deste posgrao son as competencias dixitais que que desenvolvemos de xeito transversal durante toda a duración do mesmo. Twitter, storify, e tagxedo xa forman parte das miñas ferramentas de traballo e actualización profesional, e con Carlos parada, ainda que de momento funme librando de chiar, seguro que pronto  ampliarei a miña familia de ferramentas dixitais.


















Para despedirme, reitero a miña alegría por matricularme neste posgrao, e resalto  a cantidade de coñecementos e información útil que me aportou este primeiro módulo do posgrao, descubíndome unha area de traballo que ainda que complexa, vale a pena coñecer e traballar nela.

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada