viernes, 24 de julio de 2015



Reflexión sobre o Marco Conceptual do Curso de Posgrao de Especialización en Orientación Laboral, por Clara García




O Curso de Postgrao de Especialización en Orientación Laboral, consta de 3 Módulos: Marco Conceptual, Marco Persoal e o Marco Instrumental. 

O primeiro módulo desenvolveuse dende o 13 de xuño ata o 18 de xullo, e nel vimos 5 temas: 


            1.- Marco de Referencia da orientación laboral.

            2.- O mercado laboral.
            3.- Certificación e formación profesional.
            4.- Política social e de emprego na Unión Europea.
            5.- A iniciativa emprendedora como forma de acceso ao mercado laboral. 



 - No marco de referencia da orientación laboral (tema 1),  vimos que o SEPE (Sercicio Público de Empleo Estatal), entre outras, realiza o control das prestacións/subsidios por desemprego (Políticas Pasivas de Emprego), recepción das axudas finaceiras da UE, colabora coas CCAA, elabora a Lexislación Laboral (e a normativa das políticas activas de emprego), as bases e a planificación xeral da actividade económica, ... nas que tén a competencia exclusiva. 
Os servizos prestados polo SEPE van destinados a persoas traballadoras (en activo ou no desemprego), emprendedores cunha idea de negocio e a empresas. 

E o SPEG, Servizo Público de Emprego de Galicia (dependente da Xunta), encárgase de por en marcha as Políticas Activas de Emprego (cursos de formación para desempleados, formación continua, intermediación entre a oferta e demanda, tratamento de demandas de emprego), competencia transferida dende o ano 1997, exclusiva das CCAA (que a teñen transferida). 

Coñecimos o novo marco regulador das ETT, o ser autorizadas a actuar como Axencia de Colocación (intermediando no mercado laboral), e a Estratexia Española de Emprego 2012-2014. 







 - Nos temas "mercado laboral" e na "iniciativa emprendedora como forma de acceso ao mercado laboral" (2 e 5), estudamos que o mercado de traballo de calquer economía, é o resultado de dúas variables: a oferta de traballo e a demanda de traballo; entendendo por mercado de traballo, a poboación activa (entre 16 e 65-67 anos). A oferta vén determinada pola demografía, factores sociais e culturais, fluxos de entrada e saida de emprego e de poboación activa. A demanda será, por tanto, a cantidade de traballadores que as empresas están dispostas a contratar (a menor salairo, maior demanda das empresas). 

O equilibrio do mercado de traballo, vén determinado polo cruce das curvas de oferta e demanda: a maior salario, maior oferta (pendente positiva), a menor salario maior demanda de traballadores (pendente negativa). Pero o salario de equilibrio (no noso país), non chega a producirse, polas normativas reguladoras en materia laboral, que fixan, entre outros, un salario mínimo (sendo o de equilibrio, menor que éste). 

En canto a xustificación de por qué se produce o paro, vén determinado polas teorías económicas elexidas para o seu estudo: Teoría Clásica (liberdade de actuación e non existiría paro), o mercado autorregúlase. Teoría Keynesiana (a insuficiente demanda agregada -bens e servizos que os consumidores, empresas e Estado, están dispostos a comprar a un determinado precio-, é a causa do paro), defende a regulación normativa.  

O paro tén un efecto pernicioso sobre as persoas: parados (económicos: ausencia ou disminución de ingresos, perda de cualificación profesional. Psicolóxicos: perda autoestima); ocupados (cotización por desemprego, destinado a cubrir As prestacións por este motivo); sobre a economía (perda capacidade productiva, mala distribución da renda -pobreza e desigualdade-, baixa demanda interna e desaparición da economía do benestar). 

No noso país, existen 4 tipos de paro: Estructural (é un paro difícil de correxir, e prodúcese polo desaxuste entre a oferta e a demanda de traballadores); paro friccional (sin importancia, busca de emprego para mellorar a situación persoal); paro cíclico (o tipo mías nocivo, é causado por un ciclo, como por exemplo a crise do 29), e por último, o paro estacional (varía coas estacións do ano). Así mesmo, vimos os novos xacementos de emprego: Servizos da vida cotiá, Servizos a mellora da calidade de vida, Servizos de lecer e Servizos medioambientais. 



 Nas iniciativas emprededoras (tema 5), explicouse o por qué de que España, non é un país de emprededores (visión negativa do emprendedor, falta de ideas, falta de formación específica, falta de financiación e o temor o fracaso), e os motivos polos que se debería emprender (creación de emprego, creación de riqueza e benestar social, e o aumento da competitividade). Esto conduciría a un cambio do modelo productivo actual, baseado na construcción e a hostelería, responsables da destrucción de emprego, pola caída da demanda agregada. 

E familiarizámonos coa nova forma de facer empresas: o emprendimento social (cooperativas, sociedades laborais, Centros Especiais de Emprego, Empresas de Inserción, ....); que contribuen a creación de riqueza, de maneira sustentable no tempo. Estas empresas diferéncianse por o predominio das persoas sobre o capital, aplicación do resultado o fin social da empresa e a promoción da solidariedade interna e coa sociedade. 

E que para emprender, debemos ter e respostar a unha serie de preguntas: a idea (¿qué actividade emprender?), o emprendedor (¿quén? e ¿por qué? emprender, o que nos levaría o modelo de negocio) e o Plan de Empresa (¿cómo? emprender), chegando a desenvolver unha práctica grupal, consistente na elaboración dun Plan de Negocio, baseado no Modelo Canvas.









 No tema "certificación e formación profesional" (tema 3), adicámonos a estudar as formas de adquirir a formación para o desenvolvemento dunha profesión. Empezamos por definir a cualificación profesional (conxunto de competencias profesionais, con significación para o emprego que poden ser adquiridas mediante formación modular ou outros tipos de formación e a través da experiencia laboral), e a competencia profesional (conxunto de coñecementos e capacidades que permiten o exercicio da actividade profesional, conforme as exixencias da producción e o empergo). Una persoa competente é capaz, pero unha persoa capaz, non tén porque ser competente. A competencia implica á gama completa dos seus coñecementos e as súas competencias no ámbito persoal, profesional ou académico, adquiridos por diferentes vías, e en todos os niveis. 

Cada cualificación está organizada en unidades de competencia, e que ésta, é o agregado mínimo de competencias profesionais, susceptibles de recoñecemento. 
Existen 5 niveis de cualificación (de acordo co grao de coñecemento, iniciativa, autonomía e responsabilidade para o desenrolo da actividade profesional), e 26 familias profesionais (atendendo a criterios de afinidade da competencia profesional das ocupacións e postos de traballo detectados), tal e como se pode ver no INCUAL (donde podemos atopar o Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais), instrumento que ordena as cualificacións susceptibles de recoñecemtno e acreditación do Sistema Nacional das Cualificacións e Formación Profesional (SNCFP).  

Por último destacar que, existe un formación profesional regrada (dependente da Administración Educativa), e unha formación profesional non formal (dependente da Administración Laboral). 




 Xa para rematar, no tema "política social e de emprego na UE" (tema 4), vimos a Estratexia de crecemento Europa 2020, para a creación de emprego, para dinamizar e equilibrar os mercados laborais, e supervisar as políticas de emprego cos países da UE, a través dos paquetes de medidas para o emprego, medidas para fomentar o emprego xuvenil e a iniciativa Europa 2020 (emrpego, asuntos sociais e inclusión); que teñen a súa orixe nos Tratados de Amsterdam e Lisboa. 

O dereito a libre circulación (nacionales da UE), permítenos buscar emprego e traballar noutros países, residir neles e permanecer nos mesmos (cando se deixe de traballar). Para exercer este dereito, é moi importante a información, para o que dispoñemos da Rede Europea de Servizos de Emprego, información que obteremos a través do EURES (que nos proporcionará información, asesoramento e contratación). 

Tamén contamos con fondos para o finanzamento das políticas de emprego: fondos estructurais (FSE), que pretende correxir os desequilibrios entre as rexións da UE, fomentando o emprego; que ainda que destinados a todas as persoas da UE, pretende chegar os territorios máis desfavorecidos. E a existencia dun novo programa FSE 2014-2020, para seguir apoiando as persoas que non teñen emprego ou necesitan progresar profesionalmente. 
Tamén vimos o FEAG (Fondo Europeo de Adapatación a Globalización, o Programa PROGRESS, e o EASI, entre outros.




 Ademáis, este Posgrao, tén unhas clases presenciais, que para mín comenzaron, cun máis que interesante Relatorio de Competencias Dixitais (o 26 de xuño). Competencias coas que, non estou moi familiarizada (por non aseverar que reñida). 




Que me introduciron nas Redes Sociais Twitter, Facebook, about.me, no Google Drive, Google +, Storify, etc., etc. Sabía da súa existencia, pero non coñecía o seu manexo. Agora (ainda que me queda moito por percorrer), xa estou a facer os meus primeiros "pinitos". Para rematar as Competencias Dixitais, aprendemos a facer un Blog, dende o Blogger. 

Concluirei decindo que, parte moi importante deste primeir módulo, foi o traballo en grupo. Un grupo heteroxéneo de alumnos, con distintas competencias, e creo que (polo menos en parte), cos mismos intereses.

Tanto as dinámicas de grupo, como o traballo individual, pretende formarnos como Especialistas, para poder alcanzar os seguintes niveles de coñecemento: 



Enlaces de interese






No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada