lunes, 27 de julio de 2015

Reflexión Marco Conceptual Eva Varela Leiras




Reflexión Marco Conceptual Eva Varela Leiras

Comecei o Posgrao o día 26 de xuño, unha semana máis tarde do inicio do mesmo xa que me atopo en situación de desemprego e ao non cubrirse todas as prazas,  tiven a sorte de poder acceder. Ese  día  tiven  a primeira sesión presencial onde comezamos a traballar as competencias dixitais.

Dende o inicio ata agora, a parte lectiva do Posgrao centrouse no desenvolvemento do Marco Conceptual, quedando por desenvolver a partir do mes de setembro, o marco persoal e o instrumental.

Os temas tratados neste primeiro marco foron os seguintes:

  • Marco de referencia da Orientación Laboral
  • Mercado Laboral
  • Certificación e Formación Profesional
  • Política Social e de Emprego na Unión Europea
  • Iniciativa emprendedora como forma de acceso ao marco laboral


Ademáis dos contidos en modalidade teleformación, paréceme fundamental a ampliación e reforzo destes a través das sesións presenciais. Así contamos cos relatorios de:

Elena González de la Cámara Cayuela que nos falou sobre a estructura da Formación Profesional e Certificados de profesionalidade. Nesta sesión a poñente soubo adaptarse ao auditorio e transmitir facendo comprensibles e sinxelos conceptos claves como a estructura da formación profesional, cualificación, niveis de cualificación , competencia, certificados de profesionalidade, etc.. "a priori" de carácter bastante denso.

Ana Ferreiroa Dobarro que nos explicou a estructura dos Certificados profesionais, competencias e o procedemento de Recoñecemento da Experiencia Profesional en Galicia. 






Ademáis de explicarnos todos estes contidos, ao final da sesión resolvimos un caso práctico, para afianzar e reforzar coñecementos.


Cristina Couto Palla introduciunos na Política Social e de Emprego na Unión Europea  e descubriunos  un montón de recursos a nivel europeo  relativos a redes oficiais e non oficiais de información, financiación UE, movilidade, moitos deles descoñecidos por nós e que considero de moita utilidade.

E con Fernando Agulló Leal sumerximonos na iniciativa emprendedora a través dos conceptos fundamentais e  construindo por grupos a nosa empresa a través do modelo Canvas. Pareceume un exercicio moi útil e clarificador pois,  sen demasiados coñecementos técnicos sobre a área de emprendemento, podemos chegar a plasmar no lenzo os apartados a ter en conta para a posteriori desenvolver un Plan de empresa.



Lenzo Canvas do noso grupo (1)_ Empresa Xes-TIC

O traballo grupal paréceme moi estimulante, xa que  ademáis de coñecer a outras persoas con inquedanzas moi próximas ás de un mesmo, ao proceder de áreas diversas, conflúen distintas perspectivas, producíndose dese xeito resultados máis enriquecedores. Potenciandose tamén  habilidades persoais, actitudinais e comunicativas. 

Por último, destacar a transversalidade da área relativa ás Competencias TICs durante todo este proceso, co apoio de Carlos Parada Gandós. Traballamos a comunicación a través de ferramentas de microblogging como o Twitter, contamos historias a través de Storify e co Tagxedo  iniciámonos  na producción de contidos. Para reforzar esta última dimensión, a da producción, construimos o noso propio blog con Blogger a través da realización de actividades individuais e grupais. Todas elas co obxectivo de comezar a construír a nosa propia identidade dixital. 


López Aguilar, E.  7 Competencias Clave en @starpy


Como reflexión persoal, destacar que como futura orientadora laboral me parecen moi importantes todas as áreas traballadas. Por unha banda, os coñecementos de carácter máis teórico, son unha base fundamental para poder aplicalos correctamente ás situacións diarias de asesoramento ás persoas demandantes de emprego. Por outra banda, como profesionais necesitamos unha actualización e adaptación constante á realidade socio-laboral que nos toca vivir, polo que se fai imprescindible o dominio das competencias dixitais e aprender ao longo da vida. 


Para saber máis: 












No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada