viernes, 17 de julio de 2015

Nube de Intereses de Eva Varela Leiras

Estas son as miñas principais áreas de interese:








O meu trevo de intereses relacionase fundamentalmente con dúas grandes áreas: a educación e a orientación, que deben confluir en sinerxia. 

Os conceptos da área educativa utilizados, introdúcenos no ámbito da educación 2.0, que reflexa a contorna onde nos movemos e onde o propósito ten que ver con cómo se constrúe o coñecemento. O obxectivo fundamental desta, é a autonomía da persoa a través da xestión de fontes e curación de contidos en redes significativas para a aprendizaxe.

As contornas educativas convírtense en permeables e a énfase atópase nas conexións coas que aprendemos, configurándose un sistema máis flexible, aberto e fluido. A educación non só incorpora tecnoloxía se non que surxe unha nova maneira  de entender a sociedade e o xeito en cómo aprendemos nos entornos educativos formais e non formais. 

As TICs propician un novo paradigma de sociedade-rede caracterizado pola colaboración e creo que é un novo ámbito a traballar dende o eido da orientación laboral.


O video que enlazo a continuación, é un exemplo do mundo educativo, pero que podemos trasladalo á orientación laboral. O docente  convértese en orientad@r guiando á persoa demandante de emprego no proceso de busca, empoderao e  facilita que adquira as novas habilidades e competencias necesarias para acadar un emprego no século XXI.


Accede ao meu perfil en Twitter



No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada