viernes, 17 de julio de 2015

Nube de intereses de Clara García



Estas son mis principales áreas de interés: 
                                                  




Considero que, a orientación laboral, é unha ferramenta fundamental, en calquer momento, pero máis nas actus circunstancias, nas que existe unha elevada tasa de desemprego. É esta unha ferramente que debe consistir nun asesoramento (información de relevancia incluída), e entrenamento para mellorar a empregabilidade de unha persoa.


O asesoramento debe estar basado nun estudio previo da persoa: dos seus intereses, das súas aptitudes e capacidades, das competencias adquiridas ou que desexa adquirir, etc., etc. Este estudio previo, facilitará unha elección adecuada a tipoloxía do individuo, basada en unha elección tendentes a aproveitar as súas capacidades, e non en unha elección condicionada por información errónea, ou obtida de forma errónea (sin contar ca opinión, ou características do individuo).


Este asesoramento, non só se da a desempregados, senon a todas aquelas persoas, que tamén desexen un cambio de traballo (mellorar no seu traballo, ou ben encamiñarse a outro traballo, que satisfaga as súas necesidades persoales e de tipo económico).


A orientación laboral, pertence a rama das Ciencias Sociais, persoalmente creo que, debería ser desenrolada, por profesionais con coñecementos de tipo laboral, xa que, a orientación vai ir encamiñana o mercado laboral.  E ademáis, de eses coñecementos, debe existir no profesional, un alto grado de empatía co usuario (saber poñerse no seu lugar), xa que, en numerosas ocasións, éstos teñen problemáticas de tipo socio-económica e familiar, moi graves. Polo tanto, debería ser unha profesión vocacional, como o deberían ser a ensinanza e a sanidade.

   



Accede a mi perfil en Twitter                                           

      

No hay comentarios:

Publicar un comentario